QUENES SOMOS

Os Movementes é un grupo informal de artistas conectados ao mundo da danza, que teñen como obxectivo fusionar corpo e natureza. Para iso, uns dos proxectos principais é Gondomar en Contacto que lévase oganizando dous anos consecutivos.

  • Como representante dos Movementes figura Clara Ferrao Diz, bailarina graduada en claraAensinanzas profesionais na especialidade de danza contemporánea polo Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma  de Madrid. Máster en Danza e Artes do Movemento pola Universidade Católica San Antonio de Murcia. Diplomada en Nutrición Humana e Dietética pola Universidade Autónoma de Madrid. Formada en danza clásica polo método LOGSE na Conservatorio de Danza Hannelore e Deborah Gotschalk e pola Royal Academy of Dancing. Asistente ao festival “Deltebre Dansa” así como a distintos cursos con reconocidos mestres de diversos estilos de danza.

 

 

  • Como encargado dos temas burocráticos da asociación Gabriel VázGABRIEL VAZQUEZquez Fernández que comezou os seus estudos artísticos no Colexio Celso Emilio Ferreiro. Continúa na escola Media Punta de Vigo para formarse en danza clásica, contemporánea, hip hop e jazz. Na Escola de Danza Deborah continúa os seus estudos   de danza clásica. Asistiu a diferentes cursos e Masterclases con destacados mestresno arte da danza. Grado en Belas Artes pola Universidade de Vigo.                                                               

 

 

marciaA

  • Como encargada da publicidade e deseño gráfico, Marcia Vázquez, bailarina de danzas urbanas formada por profesionais como Karol Galindo unha das pioneiras desta disciplina en España, entre outros nacionais e internacionais. Graduada en Publicidade e RR.PP pola Universidade de Vigo. Actualmente exerce como profesora de Hip Hop en varias escolas de danza e na propia Asociación de Gondomar. Forma parte das compañías Beehive e Grupo F sendo bailarina e creadora.

 

 

 

  • Como Community Manager, Eva Comesaña, bailarina de danza urbana formada por varios mestres desta disciplina tanto nacionais evaAcomo internacionais. Con coñecementos doutras danzas como é a africana. Leva no mundo do Hip Hop dende fai 6 anos e dende 2016 forma parte das compañías Beehive e Grupo F na que é bailarina e creadora. Ensina Hip Hop en varias escolas de danza en Vigo para tódalas edades.

 

 

 

 

  • Como encargado do diseño dos vídeos e fotografía, Diego Pazó, badiegooilarín de break e danza cotemporánea. Encóntrase a piques de rematar o grao en Belas Artes. No 2008 ten o seu primeiro contacto coa danza na disciplina do breakdance, na cal comeza a profundizar, despois de entrar no 2010 en Inthecisos Crew e a Nueva Escuela Española no 2015. Entre 2010 e 2014 toma clases de danza contemporánea na escola Media Punta e comeza a formarse de forma independiente en talleres eventuais tanto de breakdance coma de danza contemporánea, recibindo clase con Poe One, Los Innato, Focus, Maximiliano Sanford, Bebe e Erick Jiménez entre outros. Leva competindo nacionalmente na escena do breakdance dende o 2011. No 2016 formou parte do corpo(a)terra cunha peza dirixida pola compañía Los Innato xunto a máis artistas do territorio galego.