Os nosos obxectivos

Os Movementes nace coa finalidade de expandir a danza en tódolos ámbitos, achegándoa a tódolos públicos.

Utilizamos a danza contemporánea e o contact para investigar e coñecer o noso corpo e como este funciona en unión a outros corpos e formas.

Unha das principais conquistas do colectivo é a creación de Gondomar en Contacto que este ano 2017 será a 3ª edición consecutiva. Co paso dos anos este evento vai cobrando máis presenza entre o público e vai gañando calidade grazas á diversidade de actividades e disciplinas que se combinan como é o contact có breakdance ou o hip hop.