Gondomar en Contacto II

Segunda edición de Gondomar en Contacto no 2016.

gondomar en contacto 2016

SOBRE OS MESTRES:

ALEXANDRE PAZ CAMAÑO, guía que xa contáramos con él na edición anterior.

alexandre-d.jpg

 

 

 

 

 

MIGUEL BALLABRIGA, bailarín procedente de Madrid, comezou a súzomasa carreira practicando B-Boying no 2002. Coñecido como B-Boy Zomas, dende fai dez anos forma parte do grupo Fusion Rockers, recoñecido a nivel nacional e internacional participando en numerosos eventos e competicións conseguindo primeiro

Dende 2009 comeza a introducirse no mundo escénico e entra a formar parte como bailarín na compañía Dani Pannullo DanceTheatre, coa que desenrola proxectos a nivel nacional e internacional. Xunto a esta compañía destacan produccións como: “Desordances 5”, “Leyendas de Hombres Pájaro”, “Avalanche”,  “Atma Malabar” e “Soul Pait”.

Forma parte do programa Artistas en Residencia 2013 en La
Casa Encendida de Madrid onde se crea a peza “Montando Cabos” dirixida por Carmen Fumero e estreada no Festival DanzaTaC 2013.

Durante 2014 recibe unha residencia nos Teatros del Canal xunto a Carmen Fumero onde crea a pieza…Eran casi las dos, peza que no 2015 levouse o primeiro premio no II Certamen Coreográfico Distrito de Tetúan e foi peza gañadora no 29º Certamen Coreográfico de Madrid.

No 2015 traballou como intérprete para a Compañía de Antonio Ruz dentro da creación para espazos non convencionais “Recreo.02”. Ademáis, ese mesmo ano recibiu o premio ao intérprete sobresaínte no II Certamen Coreográfico Distrito de Tetúan.

Actualmente continúa traballando activamente con Carmen Fumero e a Cía. Dani Pannullo así como con outros coreógrafos como Jordi Vilaseca.

ALEJANDRO MOYA GONZÁLEZ, graduado en danza contemporánea no alejandro

Tamén diplomado en quiromasaxe en EQM, Madrid, 2015. Cursando est
udos de masaxe manual e anatomía aplicada.

Como B-Boy  forma parte do grupo Fusion Rockers co alias Lil’Quest dende 2005 gañando os principais eventos nacionais dende 2006. Tamén foi invitado a diversos eventos por todo o mundo recibindo premios en varios de eles: Londres 2008, Atlanta 2009, Korea 2010 e Shanghái 2010. Ten experiencia como xurado en varios eventos a nivel internacional.

Dende 2009 forma parte da compañía Dani Panullo DanceTheatre como intérprete das obras “Desordance5″ ,”Iurapuru”, “Avalanche” ,”El pájaro de fuego” e “Atma Malabar” creando as diferentes obras entre Madrid, Cairo, India e China.

A partires de 2013 comeza a traballar na compañía Sharon Fridman sendo intérprete das súas dúas obras principais “Caída Libre” e “Hasta donde” actuando nos máis importantes festivais de danza europeos e impartindo talleres de danza por todo o mundo: Holanda, Croacia, Italia, Alemania, Finladia, Singapur, Israel, etc.