MOVEMONOS en Oia

Este ano colaboramos coa Asociación de Danza de Gondomar na organización do primeiro MOVEMONOS en Oia.

Obradoiros de danza contact improvisación con Leodán Rodríguez.

Espectáculos de danza en espazos non convencionais. Tivemos o pracer de desfrutar da peza Analepsis de Paula Quintas, Cierzo de Leodán Rodríguez e A descolonización do corpo de Félix Arjona.

Roteiros pola natureza da man de Alexandre Paz. DSC01126.JPG

Concertos nos que bailamos sen poder parar grazas a Javier Barral, Ful e Moun Qup e jam de contact improvisación coa música en directo de Macarena Montesinos e Elena Vázquez.